Axuda do LibreOffice 7.4
Por exemplo, se atopa unha páxina en Internet que conteña información de bolsa en celas de folla de cálculo, pode cargar esta páxina no Calc do LibreOffice empregando o procedemento seguinte:
Nun documento do Calc do LibreOffice, coloque o cursor na cela na que desexe inserir os datos externos.
Introduza o URL do documento ou páxina web na caixa de diálogo. O URL debe ter o formato: http:///www.o-meu-banco.gal/táboa.html. O URL dos ficheiros locais ou da rede local está na ruta que ve a caixa de diálogo
.O LibreOffice carga a páxina web ou ficheiro «no fondo», ou sexa, sen mostrar o proceso. Na extensa lista da caixa de diálogo
pódese ver o nome de todas as follas ou intervalos con nome que se poden escoller.Seleccione unha ou máis follas ou intervalos con nome. Tamén pode activar a función de actualización automática cada «n» segundos e premer en
.O contido insírese como ligazón no documento do Calc do LibreOffice.
Garde a folla de cálculo. Cando o abra máis tarde, o Calc do LibreOffice actualizará as celas ligadas despois dunha consulta.
Under LibreOffice - PreferencesTools - Options - you can choose to have the update, when opened, automatically carried out either always, upon request or never. The update can be started manually in the dialog under .